Oficina CEER
 02-04-2013
XA PODEDES VISUALIZAR O OPEN LAB DO PROXECTO XANELA

Atópanse xa a vosa disposición, os enlaces para visualizar o open lab que se celebrou de xeito coordinado en Santiago de Compostela e Barcelona. Nel, bailarins de Santiago interaccionaron a tempo real con bailaríns de Barcelona, utilizando tecnoloxías de streaming.

Podedes ver o resultado e imaxes en: http://www.xanela-rede.net/xnl-proceso/processus-bilateral-dinfluence/

Neste enlace, ademáis, poderedes acceder a un video de presentación do portal: http://www.xanela-rede.net/xnl-tv/

XANELA é un proxecto no que participa o CEER, é liderado por Kónic e participado tamén por IGLOR e vertébrase nunha plataforma online para o intercambio de coñecemento e a visibilidade de actividades que hibridan artes escénicas e mediación tecnolóxica. Convidamos a todas as persoas relacionadas coa cultura, particularmente coas artes escénicas, a adherirse a esta andadura. Podedes atopar información, recursos de formación para a participación e as nosas actividades en: xanela-rede.net