Oficina CEER
 15-04-2013
A UDC PARTICIPA NUN CONGRESO SOBRE INTERNACIONALIZACIÓN UNIVERSITARIA

A vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación, Natalia Álvarez, participa no Congreso anual da European University Association (EUA) que se está a celebrar na Universidade de Gante (Bélxica), estes días.

A EUA asocia a 850 universidades en 47 países e ten como principais funcións velar polos intereses das universidades europeas nos diferentes procesos e decisións no marco da educación superior e de contribuír á cooperación entre elas, facilitando sinerxías colaboradoras en proxectos comúns. Este ano, o tema monográfico da Annual Conference versa sobre a internacionalización das universidades europeas. Ao longo de dúas xornadas de traballo se está a pór en común e analizar os diferentes modelos, estratexias, retos e dificultades no proceso de internacionalización das universidades como forma imprescindible de mellorar a investigación e a docencia no contexto global actual.

Máis información: http://www.eua.be/ghent.aspx

Fonte: udc.es