Oficina CEER
 18-04-2013
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA DO CURSO ‘A COMUNICACIÓN COMO VIRUS. REDES E CAMBIOS SOCIAIS’

Dirixido a quen estea interesado/a nos novos procesos de comunicación e difusión, campUSCulturae organiza o curso ‘A comunicación como virus. Redes e cambios sociais’, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación do 3 ao 5 de maio. O curso propón profundar no papel dos movementos sociais e na influencias das redes sociais na súa dinamización, integración e promoción, sen esquecer o papel que estas mesmas redes sociais están a adoptar en todos os campos da acción social, cultural, creativa e reivindicativa.

O programa traerá a debate cuestións relativas aos grupos sociais, minorías étnicas con reducido acceso ás canles de comunicación masivas e oficiais; a xestión dunha diversidade cultural que non provoque conflito pola propia ignorancia da cultura do “outro”; as redes como ferramentas de integración de diversos colectivos que mediante o seu uso promoven o coñecemento mutuo e a súa propia comunicación; Museos, institucións cun papel activo na activación de recursos cidadáns e sociais nos que a cultura sexa o elemento de cohesión; ou creatividade artística e social, innovación nos medios de representación, novos usos das redes 2.0 por descubrir, entre outros asuntos.

Todos estes temas serán os eixos de cada uno dos grupos de traballo nos que se integrarán os estudantes. Existirá tamén a figura de estudantes “voluntarios” como opción persoal. Estes alumnos recibirán una formación específica, a través dun webinar, pola que recibirán a súa correspondente acreditación. Os grupos de traballo nos que os estudantes se deberán inscribir serán: Minorías; Innovación social e cultural; Integración; Movementos sociais; Museos e redes sociais; ou Creatividade e innovación.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do facebook do proxecto campUSCulturae: www.facebook.com/campUSCulturae.

Fonte. xornal.usc.es