Ciclo de conferencias Psicoloxía Hoxe
Dado que a adopción internacional é un fenómeno relativamente recente no noso país, moitos dos feitos diferenciais que caracterizan este colectivo non se coñecen suficientemente e, polo tanto, non se teñen en conta á hora da súa incorporación ao sistema educativo.
O obxectivo destas conferencias é dobre. Por unha parte, dar a coñecer como inflúen nas aprendizaxes escolares factores como a mal nutrición pre e postnatal, un desenvolvemento neurolóxico inadecuado, a cantidade e calidade do período de institucionalización, etc.
E por outra ofrecer ferramentas e recursos para xestionar dun xeito axeitado todas estas circunstancias no escola.
Programa
7 xuño - 13 h
A escola tropeza coa adopción
Margarita Muñiz Aguilar
21 xuño - 13 h
Avaliación comprehensiva do neno adoptado. Resignificando síntomas
Eduardo Barca Enríquez
13 setembro - 13 h
Adopción e Escola: a institucionalización e as súas repercusións na aprendizaxe
Lila Parrondo Creste
20 setembro - 13 h
Por que hai tantos nenos adoptados diagnosticados de TDAH? Unha visión crítica dende a teoría do vínculo
Josep Cornellà i Canals
27 setembro - 13 h
Como inflúe o abandono e o maltrato no cerebro do recén nacido
María Elena Borrajo
4 outubro - 13 h
Traballando cos nenos adoptados: AeficaciadaterapiaEMDR e outros recursos terapeúticos
Montse Lapastora e Marina de Santiago
Máis información:
http://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/actualidade/eventos/2013/05/adopciong.pdf