Oficina CEER
 04-06-2013
A UDC, PRESENTE NUNHA FEIRA UNIVERSITARIA EN EEUU

A Universidade da Coruña acudiu á Conferencia anual de Nafsa (Association of International Educators), que este ano estase a desenvolver en St. Louis (Estados Unidos). Nesta feira estivo presente a vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación, Natalia Álvarez Lata.

Como vén sendo habitual neste tipo de eventos, a UDC participou no stand de Study in Spain, en cooperación coas outras universidades galegas, baixo o lema de Universities of Galicia. Trátase do foro internacional mais importante de educación universitaria, no que están presentes universidades de todo o mundo, e onde se realizan tarefas de promoción dos nosos estudios de grao e posgrao entre as diferentes universidades, busca de novos socios e convenios para a UDC, acordos de dobres títulos internacionais e, en xeral, enriquecemento das relacións internacionais da Universidade da Coruña.

Mais información sobre Nafsa: www.nafsa.org Fonte: udc.es