Oficina CEER
 02-10-2013
DERECHO ACOGE UN CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE CRIMINALIDAD Y CASTIGO

A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá desde mañá xoves, a partir das 10:00 horas, e ata o venres 4 de outubro un congreso internacional titulado Beyond Neoliberalism? Politics and Punishment in Contemporary Societies. Organizado polo grupo de investigación ECRIM, está orientado a analizar problemas actuais da criminalidade e a penalidade desde diversos puntos de vista de extrema difusión no debate académico y público internacional.

En primeiro lugar, o Congreso abordará a relación entre política y penalidade. Dese xeito, preténdese indagar se as particularidades dos procesos políticos a nivel nacional inciden sobre as formas que cobra a penalidade estatal e as respostas aos delitos. A modo de referencia, trátase de ver se a democratización tardía no caso español inflúe nas formas de xestión policial da protesta ou nunha maior severidade punitiva. En segundo lugar, o Congreso analizará se na evolución da penalidade, a nivel internacional pero tamén en diferentes contextos estatais, ten influído o que se ten dado en chamar neoliberalismo, non tanto como política económica, senón como modo de goberno e administración das políticas públicas. En terceiro lugar, o Congreso vai analizar a influencia da crise na criminalidade a na penalidade estatal.

O Congreso, que se realizará en lingua inglesa, contará coas intervencións de investigadores e profesores da Universidade da Coruña, españois, europeos e americanos. Entre eles cabe destacar a Richard Sparks, catedrático da Universidade de Edimburgo (Reino Unido), e unha das principais figuras a nivel mundial no eido da Criminoloxía. Xunto a el estará Máximo Sozzo, catedrático da Universidade Nacional do Litoral (Santa Fe, Arxentina) e probablemente o investigador mais destacado en Criminoloxía actualmente no eido latinoamericano.

Fonte: udc.es