Oficina CEER
 07-10-2013
UNHA XORNADA-COLOQUIO REÚNE INVESTIGADORES E REPRESENTANTES DA EMPRESA BIOTECNOLÓXICA ISRAELÍ KERENTECH

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC organizará este martes 8 unha xornada coloquio con representantes da empresa biotecnolóxica israelí KERENTECH (www.kerentech.com). Esta é unha actividade que se desenvolverá no marco do proxecto transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal ‘Vehículos de Transferencia VT’. A xornada celebrarase no Salón de Actos do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) a partir das 12.00 horas.

Neste coloquio, a socia da empresa Esther Moscatel Mendelsohn fará un repaso á realidade biotecnolóxica israelí e incidirá nas estratexias en materia de transferencia tecnolóxica e políticas de fomento na creación de spin-off. Deseguido, abrirase unha mesa coloquio, na que ademais de Esther Moscatel, estarán presentes a presidenta de Bioga, Carme Pampín, e o director da Área de Xestión e Valorización de I+D+i da USC, Rogelio Conde-Pumpido, e na que se debaterá sobre diversas vías de colaboración no sector biotecnolóxico entre Galicia-Norte de Portugal e Israel. Na sesión de tarde, terán lugar encontros personalizados entre investigadores da USC e Esther Moscatel.

Fonte: xornal.usc.es