Oficina CEER
 23-10-2013
CONVITE PARA GRUPOS DE INVESTIGACIÓN

A Fundación CEER convídavos a asistir as Xornadas por un Crecemento Intelixente da Eurorrexión: a transferencia de I+D das Universidades ao tecido produtivo.

Os días 28 e 29 de outubro, os campus universitarios de Vigo e de Gualtar, respectivamente, acollerán as “I Xornadas de reflexión: por un crecemento intelixente na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: a transferencia de coñecemento (I+D+I) das universidades ao tecido produtivo no marco da estratexia 2020 da UE”.

As universidades como líderes na xeración de patentes no territorio onde se implantan, crean novas posibilidades para a economía competitiva e sustentable, desenvolven novos modelos organizativos e, en definitiva, afírmanse como actores indiscutibles do dinamismo das súas respectivas rexións.

Dar a coñecer esta realidade, e xuntar grupos de investigación e empresas, é o obxectivo primordial destas xornadas.

No desenvolvemento das xornadas, as Universidades anfitrionas, convidarán aos asistentes a un xantar de traballo.

As xornadas están organizadas pola Fundación CEER en colaboración coas Universidades de Vigo, Braga, Santiago de Compostela, Porto, A Coruña e Trás-os-Montes e Alto Douro, e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal. Convidamos aos grupos de investigación das 6 Universidades galegas e do Norte de Portugal a participar nesta iniciativa. A asistencia é gratuita mediante solicitude e confirmación posterior (limitada a 60 prazas en cada localidade).

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Programa