Oficina CEER
 12-12-2013
COLABORACIÓN DA UDC COA UNIVERSIDADE DE HARBIN, CHINA

A Universidade da Coruña e a Universidade de Harbin, China, colaborarán na formación dos estudantes de Arquitectura, logo de que ambos os dous reitores asinasen onte un convenio ao efecto.

O acordo compete á Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC e á School of Architecture of Harbin Institute of Technology. O obxectivo fundamental deste acordo é poñer en marcha un Seminario entre as dúas escolas no que participarán tanto estudantes coruñeses como chineses para a realización dun proxecto arquitectónico común que se desenvolverá nas dúas escolas de Arquitectura.

O reitor, Xosé Luís Armesto, recibiu onte na Reitoría á delegación chinesa que estes días participa na Escola de Arquitectura nas Xornadas Internacionais de Arquitectura España-China cunha posta en común de coñecementos profesionais desde as distintas culturas.

Fonte: udc.es