Oficina CEER
 01-04-2014
UNHA INVESTIGADORA DA UDC RECIBE O PREMIO ITAMARATY DE LITERATURA DE BRASIL

Alva Martínez Teixeiro, doutorada pola Universidade da Coruña e colaboradora do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da Universidade da Coruña, vén de gañar o prestixioso Premio Itamaraty de Literatura Brasileña, convocado polo Ministerio de Relacións Exteriores de Brasil para difundir a literatura do seu país no exterior. A obra gañadora leva por título A linha de sombra de uma suspeita lição de zoología.

Alva Martínez Teixeiro (A Coruña, 1982) é actualmente profesora auxiliar de Literatura e Cultura Brasileiras do Departamento de Literaturas Românicas da Universidade de Lisboa e investigadora integrada no CLEPUL (Centro de Literaturas e Culturas Lusófonas e Europeias) da Faculdade de Letras da mesma universidade. É licenciada en Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestre e Doutora en Literatura Brasileira pola Universidade da Coruña, coa tese, defendida en 2010, A obra literária de Hilda Hilst e a categoria do obsceno – Entre a convenção e a transgressão: o erótico-pornográfico, o social e o espiritual (Doutoramento Europeo e Premio Extraordinario). Foi bolseira da Fundação Calouste Gulbenkian (Bolsa de Investigación de Cultura Portuguesa para Estranxeiros, 2011) para unha estadía posdoutoral no Centro de Estudos Humanísticos (CEHUM) da Universidade do Minho. Os seus traballos de investigación, publicados en actas de congresos, artigos e libros, inclúen as Literaturas Brasileira, Galega e Portuguesa, así como as relacións entre arte e escrita no mundo contemporáneo.

Fonte: udc.es