Oficina CEER
 22-04-2014
DÍA D@ CIENTÍFIC@ GALEG@: As mulleres tamén facemos ciencia

A porcentaxe de mulleres científicas no sistema universitario galego acada case o 50%. Por isto é fundamental falar de científicas e científicos en calquera comunicación que se refira ó colectivo das persoas que fan ciencia. Aproveitamos para suxerirlle, por medio de este cartel, á Real Academia Galega da Ciencia a modificación do nome de “Día do Científico Galego” de xeito que se recoñeza ás numerosas científicas galegas, que sen dúbida tamén serán premiadas algún día, e ás que compre visibilizar para fomentar deste xeito modelos de mulleres lonxe dos estereotipos creados.

Fonte: udc.es