Oficina CEER
 29-04-2014
PROXECTO RÍOS: INSPECCIÓN DE PRIMAVERA

Conservación do ecosistema fluvial do campus

Data: 29 de abril ás 16.30h.

Punto de encontro: porta da Fac. de Economía e Empresa O 29 de abril levarase a cabo a inspección de primavera do Proxecto Ríos no Lagar, río que discorre polo campus. O treito inspeccionado será o situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigacións e a Facultade de Economía e Empresa, no campus de Elviña.

En cada curso realizamos dúas inspeccións para coñecer a calidade do noso río, xa fixemos a de outono e agora realizaremos a de primavera. Nesta actividade contaremos con Paco Bañobre , educador do Proxecto Ríos-ADEGA, que nos explicará a metodoloxía a seguir.

Achégate e colabora con nós na conservación do ecosistema fluvial do campus. Tamén podes achegarte para coñecer este proxecto de voluntariado e formar un grupo de inspección na túa zona ou no río que escollas.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa en defensa dos ríos de Galiza, que permite coñecer e mellorar o estado dos distintos ríos co obxecto de responsabilizarse destes, tanto a nivel local coma municipal.

Desde a Oficina de Medio Ambiente da UDC convidámosvos a participar nesta actividade o próximo 29 de abril no río Lagar.

Máis información:
www.proxectorios.org
Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC
Fonte: udc.es