Oficina CEER
 30-04-2014
GRANXAFAMILIAR.COM TE CONVIDA AO CURSO ONLINE AGRICULTURA FAMILIAR E TICS

Coincidindo coa celebración do Ano Internacional da Agricultura Familiar no 2014 impulsado por Nacións Unidas e a FAO http://www.fao.org/family-farming-2014/es/ dende Granxafamiliar e Gist. USC queremos conmemorar o dito evento organizado un curso sobre Agricultura Familiar e TICs dirixido ás miles de familias de economía agraria que temos en Galicia. Buscamos cualificar recursos humanos das nosas granxas no uso das tecnoloxías da información e da comunicación co fin de potenciar o seu desenvolvemento económico, social e cultural.

Necesidades de formación

A experiencia de marketing online para o desenvolvemento rural levada a cabo durante os últimos seis anos por www.granxafamiliar.com pon en evidencia a necesidade de cualificar recursos humanos en temas de marketing territorial, innovación, emprendimento,xestión de recursos dixitais, xestión de redes sociais, agricultura ecolóxica, turismo creativo, desintermediación comercial, etc. orientados específicamente cara o medio rural.

As familias e residentes do rural non poden quedar á marxe da sociedade da información e requírese un esforzo na sua cualificación e alfabetización dixital. Todo apunta a que hoxe en dia xa non chega con saber producir senón que hai que saber “vender” os productos do noso rural. Para isto queremos formar aos membros das familias de pequenos agriculores de Galicia en competencias de comunicación a través de Internet.

Por moito que consideremos bos profesionais a todos os que actúan no agro, resulta evidente que, en moitos casos, están carentes dun nivel de formación e coñecemento axeitados ás necesidades dun mundo dixital, e son eles mesmos os que solicitan esta formación, á vista da competitividade e resultados que se están a acadar no sector na actualidade.

En www.granxafamiliar.com participan 23 familias de agricultores de diversos concellos de Galicia. No presente curso as propias familias van mostrar e comentar as súas experiencias coas TICs e as redes sociais, así como as relacións comerciais establecidas a distancia e presencialmente cos seus clientes; moitos deles galegos e moitos outros de fora de Galicia; as vantaxes e problemas e os beneficios obtidos.

Se ofrecen bolsas de matrícula gratuitas para os veciños dos concello de Cervantes e As Nogais (ambos de Lugo).

Máis información: http://www.gist.es/public/index.php?pid=novas&nova=176&pag=1&otras_pag=1