RESOLUCIÓN DO 23 DE XUÑO DE 2014 POLA QUE SE ABRE A 1ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS.
O programa “IACOBUS” é un Programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica
que xorde coa intención de dar un paso mais cara a configurar un auténtico espazo de
integración interrexional entre as Universidades e outras institucións de Ensino Superior da
Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. O IACOBUS, é unha acción que provén das prioridades
definidas no PIC - Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión, sendo impulsado pola
Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, e conta co apoio da Unión Europea, quen
contribúe ao seu financiamento a través do Programa Operativo de Cooperación
Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP). Ten como obxectivo principal fomentar a
cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da
Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal para a posta en común de actividades formativas,
investigadoras e divulgativas. Como base para o desenvolvemento e implementación do
devandito programa IACOBUS, establecéronse os Principios Xerais para a Xestión do devandito
Programa, que complementan a presente convocatoria e que se anexan ao final.
(Resolución e anexos en pdf)