Oficina CEER
 09-09-2014
EL GRUPO DE INVESTIGACIÓN QUIMOLMAT, PORTADA DE UNA REVISTA CIENTÍFICA

O grupo de investigación de Química Molecular e Materiais (QuiMolMat), do Departamento de Química Fundamental da Facultade de Ciencias da Coruña da UDC, vén de acadar a portada da revista Crystal Growth & Design polos seus traballos con materiais cristalinos e a súa ensamblaxe intermolecular.

O departamento investiga a química supramolecular de cavitandos, a síntese de heterociclos condensados potencialmente bioactivos e o illamento, elucidación da estrutura e síntese de produtos naturais, principalmente de orixe mariña. Ademais, tamén analizan as aplicacións das resonancias magnéticas nucleares na determinación estereoestrutural de compostos orgánicos e materiais multifuncionais.

A reportaxe CITA os nomes de Antonio Fernández Mato, Manuel Sánchez Andújar, Breogán Pato Doldán, Antonia Señarís Rodríguez, Carlos Platas Iglesias, Daniel Tordera, Henk J. Bolink, José M. Quintela, Carlos Peinador e Marcos D. García.

Fonte: udc.gal