Oficina CEER
 12-02-2008
Xornada Universidade-Empresa. Eurorrexión do Coñecemento

No marco das accións que desenvolve a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal baixo a actual presidencia da Xunta de Galicia, a xornada persegue promover o diálogo entre as universidades e os axentes económicos de Galicia e Norte de Portugal, avaliando estratexias de colaboración que optimicen a xestión do coñecemento eurorrexional.

As actividades organízanse como un foro aberto a ideas e opinións dos profesionais, de tal xeito que a contribución dos asistentes teña o mesmo peso ca dos conferenciantes. Búscase unha interacción total cos asistentes, que poderán enviar as súas preguntas ou propostas previamente para intentar persoalizar ao máximo o contido das ponencias de traballo.

A xornada plantéxase coa perspectiva de xerar pouso, que non se quede só nun día máis, e que o traballo desenvolvido deixe unha pegada importante nos asistentes. Para conseguir ese obxectivo estrutúrase en tres grandes bloques:
-Ponencia principal.
-Obradoiros paralelos nos que os axentes universitarios e empresariais avancen na definición de novas estratexias para a Colaboración Público-Privada na Xestión do Coñecemento Científico e a Transferencia de Tecnoloxía, asi como na identificación de metodoloxías eficientes para a Valorización do Emprego Universitario.
-Posta en común das conclusións obtidas en cada obradoiro.

As ponencias mostrarán boas prácticas que son referentes nos seus ámbitos de coñecemento co obxectivo de dinamizar un debate construtivo sobre potenciais modelos a aplicar no marco da Eurorrexión. As boas prácticas activas xa no contexto galaico-portugués estarán presentes no debate a través dos seus xestores e máximos representantes institucionais, contribuindo coa súa propia experiencia a construir e consolidar modelos eficientes para a valorización do coñecemento e o emprego universitario.

Os obradoiros celebraránse en paralelo, diferenciando os seus contidos para que os asistentes poidan asistir a aquelas actividades que encaixen mais directamente co seu propio interese.

Para máis información:

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Programa