Oficina CEER
 21-02-2008
Campionatos Galegos Universitarios 2008

A Área de Deportes da UDC, xunto cos servizos deportivos das Universidades de Vigo e Santiago, organizan os Campionatos Galegos Universitarios 2008 para a comunidade universitaria.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse nas oficinas da Área de Deportes, antes das datas límites de inscrición. Para participar, só é necesario cumprir cos seguintes requisitos:

Ser alumno
Ser PDI (Persoal docente investigador)
Ser PAS (Persoal de administración e servizos)

No caso dos alumnos, os seus resultados serán puntuables para os Campionatos de España Universitarios 2008 (no caso de existir a modalidade nacional nos ditos campionatos).

Xadrez: Universidade da Coruña, campus da Coruña, 11 e 12 de marzo
Data límite de inscrición o 04/03/2008

Natación: Universidade da Coruña, campus de Ferrol, 13 de marzo
Data límite inscrición o 06/03/2008

Volei praia: Universidade de Vigo, 15 de abril
Data límite inscrición 08/04/2008

PDI-PAS: Universidade de Santiago, 28 de maio
Inscrición por clasificación

Deportes colectivos: Universidade de Vigo, 5 e 6 de marzo
Inscrición por clasificación

Orientación:
Universidade de Santiago, 5 de abril
Data límite de inscrición o 28/03/2008