O Vicerreitorado de Cultura da USC presenta o calendario das próximas actividades culturais que organizan
O Vicerreitorado de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido por Elias J. Torres Feijó, informa das actividades que celebrarán nos vindeiros días nos campus universitarios de Compostela e Lugo:
CAMPUS DE COMPOSTELA
Mércores, 27 de febreiro ás 20:30 na Igrexa da Universidade:
Concerto MATEMÁTICAS OU MÚSICA?, actividade complementaria á exposición DOS
ÁBACOS AOS COMPUTADORES
A cargo do GRUPO INSTRUMENTAL SIGLO XX con obras de Bach, Mozart, Xenakis e
Webern
Xoves, 28 de febreiro ás 19:30 no Colexio de Fonseca:
Inauguración da exposición DO GAUDEAMUS IGITUR AO VENCEREMOS NÓS. AS
MOBILIZACIÓNS ESTUDANTÍS DO 68 EN COMPOSTELA
Unha conmemoración do movemento estudantil que se desenvolveu na
universidade galega ao longo do curso 1967/68
CAMPUS DE LUGO
Mércores, 27 de febreiro ás 20:30 no Salón de Actos da Fundación Caixa
Galicia en Lugo:
Concerto de clave barroco a cargo de CHENG-I CHEN LIU, dentro do ciclo
MÚSICAS A CARÓN DA MOSQUEIRA do convenio LUGO CULTURAL
Xoves, 28 de febreiro ás 21:00 no Salón de Actos da Escola Universitaria de
Formación do Profesorado de Lugo:
Concerto de TALABARTE TRÍO (Quim Farinha, Pedro Pascual e Quim García),
unha viaxe a través das músicas populares de Galiza e outros lugares máis
ou menos lonxanos, dentro do ciclo LUBICÁN do convenio LUGO CULTURAL
CAMPUS DE COMPOSTELA E LUGO
Mércores, 27 de febreiro: ábrese o prazo de inscrición para RESOANDO COAS
EMOCIÓNS, programa de sesións de musicoterapia que se desenvolverá nos
campus de Lugo e Compostela entre marzo e xuño de 2008 a cargo da
musicoterapeuta Montserrat López Merino
Máis información en:http://www.usc.es/cultura