Oficina CEER
 21-04-2015
A UDC CELEBRA O DÍA DA TERRA CUN ENCONTRO SOLAR

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e ADEGA, coa colaboración do C.I.F.P de Someso, organizan o III Encontro Solar con motivo da celebración do Día da terra, durante a mañá do mércores, 22 de abril, no campus de Elviña, no aparcadoiro da Facultade de Socioloxía e Comunicación.

O Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.

Entre as actividades programadas neste Encontro, cociñarase coa enerxía do sol e farase unha degustación co resultado final.

Máis información sobre o programa:
http://medioambienteudc.blogspot.com.es/2015/04/iii-encontro-solar-na-udc-ven-cocinar.html

Fonte: udc.es