Oficina CEER
 27-04-2015
PROGRAMA ESTRATÉXICO DE CONSORCIOS DE INVESTIGACIÓN EMPRESARIAL NACIONAL (CIEN)

dotado con 150 millóns de euros nesta convocatoria 2015. A través desta convocatoria CDTI financia grandes proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental, en colaboración entre varias empresas, e orientados á realización dunha investigación planificada en áreas estratéxicas de futuro e con potencial proxección internacional. Ademais, persegue fomentar a cooperación público-privada no ámbito da I D, xa que require a subcontratación de organismos de investigación.

Os beneficiarios desta axuda son consorcios empresariais, formados por un mínimo de tres e un máximo de oito empresas (polo menos dúas delas deben ser autónomas e unha PEME). Os proxectos deben contar ademais cunha participación relevante de organismos de investigación (centros públicos de investigación, universidades públicas e privadas e os centros tecnolóxicos e de innovación inscritos no rexistro creado polo RD 2093/2008 de 19 de decembro), de tal xeito que, polo menos, un 15% do orzamento total do proxecto debe estar destinado á subcontratación con organismos de investigación, dos que un debe ser de titularidade pública.

A duración dos proxectos será de entre 3 e 4 anos, o orzamento financiable debe oscilar entre os 7 e os 20 millóns de euros e o orzamento mínimo financiable por cada empresa será de 350.000 euros. A modalidade de financiamento será a través dunha axuda parcialmente reembolsable de até o 75% do orzamento financiable. O tramo non reembolsable será de até o 30% da axuda aprobada por CDTI. Pola súa banda, o tramo reembolsable devolverase nun prazo de 10 anos.

Na primeira convocatoria deste programa, en 2014, dos 18 proxectos financiados, 2 contan con participación galega. A presentación das solicitudes á convocatoria deste ano ten que realizarse a través da sede electrónica de CDTI (http://crm.galiciainnovacion.es/index.php?entryPoint=campaign_trackerv2&track=d896152f-048d-df6a-2562-5538e58be13f&identifier=4c25c0a4-42a6-5dcc-7fb4-5538ee211643) até o 5 de maio de 2015 ás 12.00 horas. A información completa da convocatoria está dispoñible na sección Financiamento de proxectos de I D i da web de CDTI: http://crm.galiciainnovacion.es/index.php?entryPoint=campaign_trackerv2&track=40246388-0b5e-3418-66ca-5538e5d202a3&identifier=4c25c0a4-42a6-5dcc-7fb4-5538ee211643