Programa
Oficina CEER
 29-04-2015
A UDC INAUGURA A EXPOSICIÓN DO SEU 25 ANIVERSARIO

A Universidade da Coruña abre hoxe, mércores 29 de abril, a exposición “25 anos de UDC. A universidade na Coruña e Ferrol”, na sede da Fundación Barrié de la Maza. O reitor, Xosé Luís Armesto, e o secretario Xeral da UDC, Carlos Amoedo, xunto co comisario da exposición, Narciso de Gabriel, presentaron a mostra aos medios de comunicación nun pase que tivo lugar na Fundación Barrié ás 13:00 horas.

Posteriormente, ás 20:00 horas procederase á apertura oficial na que estarán tamén o alcalde, Carlos Negreira, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Mariel Padín, e o director de Patrimonio e Cultura da Fundación Barrié de la Maza, José Enrique Fernández Varela.

A mostra, centrada fundamentalmente nos 25 anos de existencia da Universidade da Coruña, recolle tamén testemuños do período anterior. Esta exposición poderá verse no horario habitual de apertura da Fundación Barrié ata o mes de setembro, en que se trasladará a Ferrol. “25 anos de UDC. A universidade na Coruña e Ferrol” está organizada pola Universidade da Coruña e conta coa colaboración da Fundación Barrié, a Deputación da Coruña e La Voz de Galicia.

Fonte: www.udc.es