Oficina CEER
 23-10-2015
CONVIDÁMOSTE AO SEMINARIO TELETRABALLO, TERRITORIO E CAMBIO SOCIAL EN GALICIA

O próximo martes 10 de novembro de 2015 celebramos o Seminario Teletraballo, Territorio e Cambio Social en Galicia, co fin de reunir nun foro de reflexión e debate a especialistas procedentes das Universidades de Santiago, do Porto, Braga e Autónoma de Barcelona, así como a profesionais vinculados coa análise social e territorial, coa enxeñería informática e das telecomunicacións, teletraballadores en activo, sindicalistas e responsables da xestión do programa de teletraballo na administración autonoma da Xunta de Galicia.

O Teletraballo permite grandes posibilidades para o desenvolvemento de espazos urbanos e rurais. O exemplo do programa de descentralización xeográfica do goberno Irlandés permitíu deslocalizar traballadores públicos dende a capital do Estado, Dublín, cara pequenas cidades e vilas cabeceira de comarca rural; pondo en valor as TIC e o teletraballo. Con isto se desconxestiona o centro urbano da capital, se xeneran plusvalías económicas e se fomenta a conciliación da vida familiar e laboral. Permite unha mobilidade eficiente nos desprazamentos diarios en hora punta dende o lugar de residencia ao de traballo, rexuvenece a demografía local freando avellentamento, dinamiza e diversifica ás economías rurais e locais, favorece a desconxestión do tráfico e frea a contaminación atmósferica e o consumo de enerxía. Pero cales son os custes e beneficios da práctica do teletraballo? é posible en Galicia? xorden interrogantes que trataremos de respostar.

Máis información: http://www.gist.es/public/index.php?pid=novas&nova=201&pag=1&otras_pag=1