Oficina CEER
 30-10-2015
ELOY GESTO IMPARTE UNHA CHARLA EN ECONOMÍA PARA APRENDER A FALAR EN PÚBLICO

Organizado pola Universidade da Coruña e Coca Cola, a aula magna da Facultade de Economía e Empresa acollerá o vindeiro martes, 3 de novembro, ás 12:00 horas, a conferencia de Eloy Gesto para mellorar as competencias para falar en público.

Coa fin de potenciar a seguridade e a confianza que as persoas teñen que controlar cando se enfrontan a un auditorio, o “speaker” profesional Eloy Gesto dará algunhas das chaves para ter unha intervención segura en público como adianta en http://bit.ly/1GyqrFM.

Ademais, para potenciar a confianza e a seguridade, Coca Cola sorteará entre todos os asistentes cursos de condución segura.

Esta iniciativa está dirixida ao alumnado, profesorado e todos aqueles que teñan interese en mellorar as súas competencias comunicativas.

Máis información: http://bit.ly/1kVgRTn

Fonte: www.udc.es