Oficina CEER
 02-02-2016
COMEZOU O PRAZO PARA SOLICITAR ESTADÍAS EN UNIVERSIDADES DE PAÍSES EXTRACOMUNITARIOS DURANTE 2016-2017

Na web do Servizo de Relacións Exteriores da USC está dispoñible información de interese, como os países e universidades de destino ou testemuños de estudantes que participaron en cursos pasados.

Ao longo de todo este mes de febreiro está aberta a convocatoria para a realización de estadías de estudo en universidades de países extracomunitarios, concretamente de América Latina, Estados Unidos, Canadá Australia , Rusia, Xapón, China, República de Corea e Taiwan, e coas que a USC ten formalizado un convenio de intercambio bilateral de estudantes. A solicitude deberá efectuarse exclusivamente en liña a través da Secretaria Virtual antes das 23.59 hora do 1 de marzo.

Na web do Servizo de Relacións Exteriores, as persoas interesadas atoparán todo o texto relativo á convocatoria de intercambio, así como unha serie de recursos de interese como o testemuño doutros alumnos/as que participaron nesta convocatoria en cursos anteriores, a relación de universidades de destino ou información destas institucións organizadas por países.

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado matriculado nun grao, máter ou nas antigas licenciaturas e enxeñarías, e teña unha nota media mínima de expediente de 6. A estadía no estranxeiro realizarse no primeiro semestre de 2016-2017, entre os meses de agosto e decembro de 2016, ou por curso completo. Os estudos que se realicen no estranxeiro serán plenamente recoñecidos pola USC e pasarán a formar parte do expediente académico.

O alumnado que participe neste programa de intercambio poderá optar ás bolsas que puidera convocar o goberno autonómico ou outros organismos para os estudantes seleccionados. A asignación dunha praza a través desta modalidade de mobilidade por convenio bilateral implicará unicamente a exención de matrícula na universidade de destino.

Fonte: xornal.usc.es