Oficina CEER
 11-04-2016
A UDC INICIA UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA PARA O BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña organiza unha campaña de recollida de alimentos, en colaboración co Banco de Alimentos “Rías Altas”, nos campus da Coruña e Ferrol, entre os días 11 e 22 de abril. Todas as persoas interesadas en doar produtos como legumes, arroz, aceite, cacao, conservas, café, etc. poden facelo nas caixas postas ao efecto nas cafetarías dos campus de Oza, Elviña e Riazor, na Reitoría e na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física; así como nos campus de Esteiro e Serantes en Ferrol. Esta iniciativa pretende fomentar a sensibilización da comunidade universitaria, non só buscando a solidariedade entre o estudantado, senón tamén facéndolles botar unha ollada crítica sobre a situación actual da nosa sociedade, onde cada vez existen máis persoas ao noso arredor que teñen serias dificultades para sobrelevar o día a día. Fonte: www.udc.es