Oficina CEER
 14-04-2016
XORNADA ORGANIZADA POLO MESTRADO EN XEOINFORMÁTICA DA UDC

O próximo mércores, 20 de abril, terá lugar no salón de actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo a “1º Xornada Atlantic Geospatial Day” organizada polo mestrado en Xeoinformática que se imparte na actualidade na Facultade de Informática da Universidade da Coruña e na ETS de Minas da Universidade de Vigo.

A “1º Xornada Atlantic Geospatial Day “ é un encontro entre desarrolladores, usuarios e empresas do sector da tecnoloxía xeoespacial de cara ao coñecemento dos avances recentes nas diferentes vertentes do sector. A xornada conta con charlas invitadas impartidas por representantes de Google Europa, Deimos Space e Deimos Imaging; e cunha ampla sesión de difusión na que participarán empresas do sector coma Marine Instruments, CartoDB, Situm Technologies, Cartogaliza, e CESGA, entre outras moitas.

Para facilitar a asistencia de estudantes e profesionais dende A Coruña, haberá transporte gratuíto en autobús que sairá ás 8:30 desde a Facultade de Informática.

Pódese atopar máis información e rexistrarse premendo no seguinte enlace (http://www.mastergeoinformatica.es/geospatialday/). Fonte: www.udc.es