Oficina CEER
 18-04-2008
O vindeiro martes 22 de abril “Día da Terra”, terá lugar en Santiago de Compostela, a presentación da campaña europea para frear o cambio climático

O pasado mes de febreiro púxose en marcha “The big ask”, unha campaña de 17 grupos europeos de Friends of the Earth Europe (FOEE) que reclaman á Unión Europea e aos seus gobernos nacionais un compromiso de redución das emisións de CO2 ano a ano. O lanzamento da campaña contou con persoeiros da vida pública e política coma Tom Yorke (Radiohead) e Stavros Dimas (Comisario Europeo de Medio Ambiente). O obxectivo último desta campaña é o de comprometer á Unión Europea e aos países membros á redución das emisións dos gases de efecto invernadoiro un 30% no 2020 e un 90% no 2050.

En Galicia, a campaña lanzase baixo o nome de “S.O.S. Clima” (www.sosclima.org), e ten por obxectivo que o goberno aprobe unha lei para reducir as emisións de CO2 ano a ano. A escritora Teresa Moure ten o compromiso con Amigos da Terra de apoiar e participar nesta campaña.

Amigos da Terra convoca unha rolda de prensa para o martes 22 de Abril ás 12.00h no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela, na que presentará os obxectivos e as actividades previstas da campaña, que darán comezo o mesmo día: ás 17.00h na Plaza do Toural instalarase unha mesa informativa e ás 19.00h comezarase unha “Pingüinada” de protesta pola redución das emisións para a que se convoca á cidadanía en xeral a participar.

No 2005 o grupo de Amigos da Terra de Ingalterra, Gales e Irlanda do Norte (EWNI), lanzou por primeira vez esta campaña e desde entón máis de 200.000 persoas contactaron cos seus representantes políticos, conseguindo que dous de cada tres deles apoiaran a lei. Esto supón un éxito formidable e esperamos que Amigos da Terra en Galicia consiga concienciar aos galegos e ás galegas para que apoien esta campaña, e así propiciar a actuación do noso goberno para frear o cambio do cal según palabras do líder da banda Radiohead: “Nunca despertaremos do pesadelo do cambio climático se non actúan os nosos gobernos nacionais e a Unión Europea” (Tom Yorke)