A OPIDi está a organizar a Xornada “A Enerxía nos programas internacionais de I+D+i”, que terá lugar o vindeiro 29 de abril no edificio do CIS D&T (Ferrol), con motivo da 2ª convocatoria de Enerxía - DG TREN do Programa Cooperación do VII Programa Cadro e a convocatoria 2008 de Enerxía Intelixente Europa do Programa CIP.
O evento contará coa participación dos Puntos Nacionais de Contacto (NCP) de Enerxía
Intelixente Europa - CIP e de Enerxía - FP7, así como con outros expertos do sistema galego de I+D+i.
Pola mañá ofrecerase a posibilidade de concertar entrevistas cos NCPs para a revisión de propostas. As entidades interesadas terán que enviar un resumo da mesma (1 folla máx.) a promocion@opidi.org antes do xoves 24 de abril.
Todos aqueles interesados poden atopar achegado o programa da xornada e o boletín de inscrición.