Oficina CEER
 04-10-2016
O CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL RECIBE A VISITA DE PROFESORES PORTUGUESES

A Escola Universitaria Politécnica, do Campus Industrial de Ferrol, recibiu onte a visita de profesores da universidade portuguesa Instituto Politécnico de Bragança coa que a Universidade da Coruña ten o acordo de dobre titulación do Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético.

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, reuniuse co director do Mestrado do IPB, Orlando Suárez, co seu homólogo na UDC, José Luis Calvo Rolle, e dous profesores lusos que imparten a docencia deste mestrado. Na reunión explicaron as características do IPB, que conta con 7.000 estudantes nunha cidade de 30.000 habitantes, e que conta cun grao de internacionalización que duplica a media universitaria europea. Ambas entidades comprometéronse a manter unha estreita colaboración, tanto no ámbito da docencia do mestrado que comparten como noutros temas que poden xurdir. Calvo Rolle organizou ademais un encontro dos profesores portugueses cos estudantes matriculados neste mestrado que a UDC acaba de implantar e que conta xa cunha trintena de alumnos españois e portugueses. Os alumnos da UDC poden obter ao seu remate, o título deste Mestrado portugués e español, polas características dos plans de estudos de ambos os dous países. Fonte: udc.es