Oficina CEER
 21-10-2016
A FUNDACIÓN BARRIÉ ACOLLE A FEIRA CIENTÍFICA UDCIENCIA

A Fundación Barrié acollerá entre os días 24 e 29 deste mes, a UDCiencia, a feira de divulgación científica da Universidade da Coruña que conta coa colaboración do grupo de divulgación udcbigbang, a Facultade de Ciencias e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural que dirixe a profesora Ana González Tizón. Esta feira achegará a través de diversas charlas e obradoiros o mundo da ciencia a grupos de estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato. O sábado, 29, haberá actividades específicas para familias en varias sesións de acceso libre pero con aforo limitado.

O obxectivo desta iniciativa é achegar a ciencia á sociedade cunha forma entretida e divertida pero con sentido crítico e científico.

Máis información:
http://www.udc.gal/goberno/equipo_reitoral/vepeu/divulgacion/