Oficina CEER
 08-05-2008
Seminario sobre Dereitos de Propiedade Intelectual no VII Programa Cadro

Esta actividade ten como obxectivo facilitar ás entidades galegas os coñecementos necesarios sobre os aspectos xurídicos dos proxectos do VII Programa Cadro. O seminario será impartido por Lucía Sirera, Senior Legal Advisor de IPR Helpdesk e tratará o marco legal dos proxectos de I+D, o réxime xurídico dos dereitos de propiedade intelectual no FP7 e o acordo de consorcio.

Dirixido a: entidades que participan en proxectos europeos de I+D ou que teñen pensando presentar algunha proposta ao VII Programa Cadro da UE (Centros Tecnolóxicos, OPIs, OTRIs, empresas, etc.).

O prazo de inscrición remata o xoves 22 de maio (aforo limitado).

Para máis información:
Departamento de Promoción
Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi)
Dirección Xeral de I+D+i - Consellería de Innovación e Industria
A Cabana, s/n. 15590 - Ferrol - A Coruña
Tel.: +34 981 33 71 77 / 78
Fax: +34 981 33 71 71
E-mail: promocion@opidi.org
Web: www.opidi.org