Oficina CEER
 10-05-2008
Abre o prazo de inscrición da nova edición do curso Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial ofrecido pola Fundación CEER

A Fundación CEER, a través do seu portal Web, Campus Virtual, organiza unha nova edición do curso a distancia, Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial.

Este curso será impartido de xeito virtual, cunha extensión de 50 horas, para o que se ofertarán 50 prazas. O público obxecto do curso é a comunidade universitaria de Galicia e o norte de Portugal (estudantes, investigadores, profesores, PAS, etc), incluíndo ás Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Minho, Porto e Tras-os-Montes e Alto Douro. Tamén está destinado a aquelas persoas que desenvolvan unha actividade profesional nunha estrutura empresarial, pública ou privada, con algunha responsabilidade, directa ou indirecta, nos procesos decisionais; ou toda persoa interesada en coñecer a relevancia e as ferramentas dispoñibles para a planificación estratéxica e o desenvolvemento territorial, no ámbito da Sociedade da Información.

Para máis información:
http://www.fceer.org/formacion/

ou a través do seguinte enderezo electrónico:
xestion@fceer.org