PREINSCRICIÓNS E INFORMACIÓN ADICIONAL CURSO INTERNACIONAL DE ESPECIALISTA EN: “RENDABILIDADE EMPRESARIAL DA RSC/VALORIZAÇÃO DA RESPONSABILIDADE SOCIAL”
Estrutura do programa de estudo do Curso de Especialización/ Especialista.
Título: “A RENDIBILIDADE EMPRESARIAL DA RSC/E”/ “Valorização da RS”
Duración: 22 ECTS/ Créditos de libre elección , semipresenciais. Contarase co apoio de soporte virtual na modalidade de ensinanza de b-learning. O soporte virtual estará aloxado na páxina web da Fundación CEER (www.fceer.org). Será obrigatoria a asistencia presencial aos seminarios programados, sendo obrigatorio asistir cando menos ao 75% horas de formación presencial. Para facilitar a asistencia ás clases presenciais as universidades onde esta non se imparta habilitarán sistemas de videoconferencia nun dos seus Campus para que o alumnado poida seguila.
Idiomas de traballo: Portugués, Galego, Castelán, Inglés.
Obxectivo xeral: O obxectivo xeral do curso é que os participantes adquiran as competencias (coñecementos, habilidades e actitudes para xestionar clientes e actividades precisas RSC/E nas súas diversas áreas de negocio e modalidades empresariais). Para iso aportaranse os coñecementos necesarios e as ferramentas axeitadas para facer rendibles os resultados na súa organización/empresa. Tratarase de optimizar a competitividade a través da xestión estratéxica ideal de RSC/E de xeito que xeren vantaxes para a empresa, ademais de que socialmente se aporte o valor engadido de converterse en firmas socialmente responsables, sostibles e respectuosas co Medio Ambiente.
Obxectivos específicos:
• Formar a futuros profesionais responsables das áreas relacionadas RSC/E.
• Asesorar nesta disciplina ás empresas e organizacións, proporcionándolles información específica dos principios, fundamentos e metodoloxía RSC/E. O fin é instruír na adopción de modelos de xestión baseados na promoción de boas prácticas de xestión. A adquisición deste coñecemento enfocarase ao desenvolvemento de RSC/E como un elemento de rendibilidade e valor engadido nos procesos intrínsecos da empresa.
• Ensinar e asesorar metodoloxías de xestión de información e divulgación da RSC/E, a posta en marcha e desenvolvemento de RSC/E e a súa xestión estratéxica. Tratarase de desenvolver, proxectar e implantar plans estratéxicos de RSC/E.
• Concibir a RSC/E como parte fundamental da planificación estratéxica empresarial e da estrutura organizativa da empresa.
Perfís de ingreso e requisitos de formación previa: Esta formación vai dirixida a todos os profesionais que desexen ampliar os seus coñecementos/estudos neste campo e a directivos de empresas con interese nestas áreas de coñecemento, establecendo a debida prelación para cadros e directivos do Banco de Santander que desexen matricularse.
Os requisitos académicos para participar neste programa de formación son os seguintes: Título universitario e/ou acreditada experiencia no sector. Contémplanse dous perfís:
- Alumnado posgraduado, licenciado, diplomado e graduado en titulacións oficiais.
- Profesionais de recoñecida experiencia, que carezan de titulo universitario, cunha titulación mínima esixida de acceso a universidade (bacharelato e probas da acceso) e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.
Criterio de selección de estudantes: As solicitudes serán valoradas pola Comisión Académica do Curso. Esta Comisión terá en conta o currículo académico e méritos profesionais das persoas candidatas. Ademais, tentará manter unha proporcionalidade entre as universidades.
Número de prazas: mínimo de 10, un máximo de 25 alumnos.
Criterios de avaliación: O alumnado deberá asistir obrigatoriamente ao 75% das clases presenciais e a avaliación basearase na elaboración dunha memoria final sobre os coñecementos adquiridos.
Duración: 19 semanas.
A estrutura do curso dividirase nos seguintes módulos temáticos, a xeito de proposta que poderá modificarse de acordo cos criterios adoitados pola Comisión Académica:
Módulo 1. Fundamentos xurídicos e de xestión da RSC/E
Materia 1: Responsabilidade Social Empresarial: conceptos e principios
Materia 2: Normativa e bases xurídicas da RSC/E
Materia 3: Xestión Estratéxica da Responsabilidade Social Corporativa/Empresarial
Responsable académico: Fundación CEER
Módulo 2. Xestión financieira da RSC/E
Materia 4: Contabilidade e auditoría Social
Materia 5: Investimentos socialmente responsables e finanzas éticas
Responsable académico:Universidade de Santiago de Compostela
Módulo 3. Dirección e xestión estratéxica e RRHH
Materia 6: Xestión operativa da empresa ética dos negocios
Materia 7: Deseño e implantación de plans estratéxicos de RS
Materia 8: Modelos de xestión e memorias de sustentabilidade
Materia 9:- Xestión dos RRHH na empresa que desenvolva RSC/E
Responsable académico: Universidade de Vigo
Módulo 4.- Comunicación e Marketing
Materia 10: A comunicación empresarial e a creación da reputación corporativa
Materia 11: Cómo se xestiona o marketing na RSC/E
Responsable académico: Universidade do Porto.
Módulo 5.- Internacionalización da RSC/E en Iberoamérica
Materia 12: Modelos de xestión de sustentabilidade países de Iberoamérica
Materia 13: RSC/E en países de Iberoamérica
Responsable académico: Universidade do Minho
Módulo 6.- Sustentabilidade ambiental e territorial das organizacións
Materia 14: Xestión da sustentabilidade e da calidade
Materia 15: Procedementos sistematizados de Xestión de calidade e Medio Ambiental en relación ca RSC/E
Responsable académico: Universidade de Tás-os-Montes e Alto Douro
Traballo práctico fin de curso: 6 ECTs
Expedición do título: Titulación conxunta de Curso de Especialización/Especialista recoñecido por:
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidade do Minho
- Universidade de Vigo
- Universidade do Porto
- Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro
Coordinado pola Fundación CEER, no marco da Cátedra Internacional RSC Santander Galicia-Norte Portugal.