O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presentará en rolda de prensa este luns, 11 de setembro, na Sala de Prensa da Reitoría, ás 11:30 horas a nova aplicación para dispositivos móbiles UDC móbil.
Xunto con Abalde estará o Adxunto para Tecnoloxías da Información, Carlos Escudero Cascón. UDC móbil é unha aplicación desenvolvida pola Universidade da Coruña, a través do Consorcio Interuniversitario para a Xestión Universitaria de Galicia, CIXUG. A súa principal función é proporcionar unha nova canle de comunicación e información para a comunidade universitaria e para o resto da sociedade interesada na actualidade universitaria.
Esta rolda de prensa ten lugar o pimeiro día de clase na Universidade da Coruña do novo curso 2017/2018 que precisamente hoxe se inaugura, nun acto conxunto do Sistema Universitario Galego, na Universidade de Vigo.
Fonte: www.udc.es