Oficina CEER
 07-02-2018
XORNADAS SOBRE CIENCIA E CINE NO CAMPUS DE FERROL

As XXIII Xornadas de Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia que terán lugar no Campus de Ferrol os días 8 e 9 de marzo, estarán dedicadas nesta ocasión á relación bidireccional entre a Ciencia e o Cine.

Como a Ciencia inflúe no cine, a través normalmente de asesores científicos, e como o cine incide na Ciencia é o tema central das “Xornadas sobre Ciencia e cine: Unha relación bidireccional”. Son as prestixiosas Xornadas de Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia, unha actividade de dous días de duración, que organiza o Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía da Universidade da Coruña, que dirixe o profesor Wenceslao J. González; e que conta coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e o apoio da Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España. O relator principal será Gregory Currie, Universidade de York (Reino Unido). Coeditor das obras de Imre Lakatos, foi profesor en universidades de Australia, Nova Zelanda e Estados Unidos.

Outros conferenciantes invitados son Joseph Dauben (Universidade da Cidade de Nova York), David A. Kirby (Universidade de Manchester), Brian Keely (Pitzer College, California) e Pedro Teruel (Universidade de Valencia). Despois haberá varias comunicacións, procedentes de diversas universidades. Máis información do programa no folleto adxunto.

Estas xornadas ofrécense dentro do marco do programa de Doutoramento interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia, pero tamén é un curso aberto a aqueles universitarios e profesionais interesados na Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia. O prazo de matrícula ábrese mañá, martes, día 6, ata o 28 de febreiro. Os interesados en inscribirse poden facelo a través do correo jornadas.filosofia.ciencia@udc.es.

Fonte: www.udc.es