Oficina CEER
 02-07-2018
O MUSEO DE HISTORIA NATURAL DA USC INAUGURA A EXPOSICIÓN DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DA NATUREZA

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC inaugurou este xoves a exposición temporal do I Concurso de Fotografía da Natureza, na que se amosan as 30 mellores seleccionadas polo xurado, entre elas, as tres fotografías gañadoras.

O primeiro premio, de 300 euros, foi para José Luis Gigirey González polo seu traballo titulado “Pintando la primavera”. O segundo, de 200 euros, recibiuno Juan Ramón Martín Catoira, pola fotografía “Sen nome. O terceiro galardón, de 100 euros, foi para Elena Martín Lores por “A hora do baño”.

O xurado do concurso estivo formado por un equipo de fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos fotográficos que foron os encargados de elixir aos gañadores por votación secreta. Este equipo estivo formado por Alberto Suárez Buyo, José Manuel Ortigueira Bobillo, Javier Baltar Boilieve e Marta Vázquez Rodríguez.

Fonte: xornal.usc.es