Oficina CEER
 05-09-2018
A UNIVERSIDADE DA CORUÑA ACOLLE A INAUGURACIÓN DO CURSO ACADÉMICO DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS

O Paraninfo da Universidade da Coruña acollerá este venres, 7 de setembro, ás 12:00 horas o solemne acto de apertura do curso universitario 2018/2019 das tres universidades de Galicia.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidirá o acto de apertura xunto co reitor da UDC, Julio Abalde Alonso. A lección inaugural correrá a cargo do profesor doutor Moisés Alberto García Núñez, da área de Organización de Empresas, docente na Facultade de Ciencias do Traballo, quen impartirá a conferencia “O ruído industrial”. A continuación, o reitor Abalde lerá o discurso antes de dar paso ao presidente da Xunta, quen procederá a inaugurar o curso.

Coa actuación do Coro da Universidade da Coruña concluirá o acto.

Fonte: www.udc.es