Oficina CEER
 10-10-2018
MESA SECTORIAL “SECTORES PRODUTIVOS”, DENTRO DA “ESTRATEXIA DE COOPERACIÓN DO RÍO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO 2030”

Este pasado luns 8 de outubro de 2018 ás 17:00 horas en Tui procedeuse á celebración da cuarta mesa sectorial titulada “Sectores produtivos” dentro da ‘Estratexia de Cooperación do Río Miño Transfronteirizo 2030’, na que a FCEER é responsable da súa elaboración. Foi o derradeiro encontro interactivo coa poboación para elaborar de maneira consensuada un documento guía sobre como desenvolver as potencialidades do territorio.

Os profesores Xavier Martínez Cobas, da Universidade de Vigo, e Francisco Carballo Cruz, da Universidade do Minho foron os encargados de dirixir esta mesa co apoio dos equipos técnicos da Deputación de Pontevedra, da CIM Alto Minho e da Fundación CEER. Foron moitas as propostas e ideas lanzadas por diferentes actores. As diferentes aportacións recollidas servirán para complementar o traballo estratéxico orientado a establecer un plan de acción para este territorio transfronteirizo no que a FCEER participa en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho.