Oficina CEER
 15-10-2018
O MMP 2018 LEVARÁ A CULTURA UNIVERSITARIA A BRAGA E GUIMARÃES

O Festival MMP (Música e Movemento Partillados/Música e Movimento Partilhados), que aúna as Áreas de Cultura das 6 Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, levará diferentes actuacións a espazos públicos das cidades de Braga e Guimarães os próximos 20 e 21 de Outubro.

Ao fío do organizado nos anos 2016 e 2017 baixo o auspicio da Fundación CEER, no presente 2018 as Áreas de Cultura das Universidades públicas galegas e do Norte de Portugal (A Coruña, Porto, Santiago, Minho, Trás-os-Montes e Alto Douro e Vigo) traballarán en cooperación para mostrar á poboación os espectáculos e iniciativas culturais xeradas dende as Universidades.

Así, durante os días 20 e 21, celebraranse rueiros e actuacións multidisciplinares que contarán con grupos de danza contemporánea, tuna, música e danza tradicional galegas, folklore portugués, poesía e música en fusión, jazz con termografía e percusión.

A asistencia será libre e pódense consultar as horas e localizacións no programa anexo.

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Programa