fceer
 24-10-2018
O PROGRAMA DE MOBILIDADE IACOBUS ABRE A SUA SEXTA CONVOCATORIA

A Fundación CEER asiste esta mañá á primeira sesión de presentación do Programa de Mobilidade Eurorrexional Galica-Norte de Portugal, IACOBUS, na Casa das Campás de Pontevedra. O director do CEER, Valeriá Paül, aproveitou a ocasión para presentar a actividade da organización como Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Neste encontro, o director da Agrupación de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago, anunciou a apertura da sexta convocatoria do Programa Iacobus, previsiblemente entre o próximo 29 de outubro e 22 de novembro, para estadías dende febreiro a xuño de 2019.

O acto contou tamén coa participación do responsable da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, Jorge Soto, e de beneficiarios de anteriores convocatoria Iacobus, que compartiron cos asistentes a súa experiencia de mobilidade.

O Programa Iacobus celebrará duas xornadas mais de presentación:
- Día 29 de outubro na Reitoría da Universidade do Porto.
- Día 13 de novembro na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, en Vila Real.