Oficina CEER
 22-11-2018
II FÓRUM DO RÍO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO

O vindeiro 29 de novembro terá lugar no Auditorio de Goián (Tomiño), o II Fórum do Río Miño Transfronteirizo. Este segundo encontro será o cumio do proceso de elaboración da “Estratexia Río Miño 2030”, na que se leva traballando dende hai case un ano.

Para conseguir que o nivel de participación cidadá, que ata agora está sendo moi alto, non decaia, rogámosvos que colaboredes con nós na difusión do acto. Enviamos o cartel do II Fórum para colocar na vosa web e para reenviar a quen consideredes que pode ser do seu interese. Enviamos tamén o programa do evento que pode estar suxeito a pequenas modificacións.

+ info e inscricións en www.smartminho.eu

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Cartel II Foro
application/pdf: Programa II Foro