Oficina CEER
 01-02-2019
XORNADAS DE TURISMO CERVEIRA-TOMIÑO

Técnicos da Fundación CEER participaron o día 31/01/2019 na organización das Xornadas de Turismo Cerveira-Tomiño, actividade enmarcada na Axenda de Cooperación transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño.

Dende as 9:00 h. da mañá no Castelo de Vila Nova de Cerveira e até as 18:00 h. con diferentes visitas e experiencias a distintos puntos do territorio, a FCEER estivo presente nesta actividade de clausura dun conxunto de sesión iniciadas coa dinamización das mesas de traballo cos axentes turísticos locais destes concellos fronteirizos no outono de 2018.

Pola mañá máis de 50 persoas estiveron presentes para escoitar respostas e propostas de diferentes especialistas do ámbito académico procedentes das universidades galegas e do Norte de Portugal, acompañados de representantes institucionais e de xestores responsables de proxectos turísticos innovadores. Pola tarde puidéronse disfrutar unha serie de experiencias nas que os asistentes visitaron un viveiro, unha adega e a Bienal de Cerveira.