Oficina CEER
 12-06-2019
“TESOUROS HUMANOS VIVOS” NO CONTEXTO DO SMART_MIÑO, PROXECTO NO QUE PARTICIPA O CEER

O Miño: un río de tesouros’, un traballo de recuperación da memoria cultural galego- portuguesa no territorio do val do río Miño. A acción ten por obxectivo poñer en valor o patrimonio inmaterial transfronteirizo, así como garantir a súa transmisión ás novas xeracións. O estudo realizarase en colaboración coa Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!, unha das 176 entidades acreditadas en todo o mundo pola UNESCO como consultora, a única en Galiza, con máis de 20 anos de experiencia no estudo do patrimonio inmaterial transfronteirizo.

A pesar da fronteira política que durante séculos separou ao Val do Miño en dous estados, a poboación do territorio seguiu compartindo unha cultura común que se transmitiu de forma oral, xeración tras xeración ata os nosos días, e que constitúe parte da identidade propia deste territorio. Algúns destes coñecementos e sabedorías atópanse a día de hoxe en perigo de desaparecer e seguen vivos unicamente a través de persoas, normalmente de avanzada idade, que son capaces de recordalos e recrealos e por esta razón supoñen un referente para a comunidade, os chamados ‘tesouros humanos vivos’.

Fonte: http://smartminho.eu