Oficina CEER
 02-09-2019
A SESIÓN MONOGRÁFICA ‘CEREBRO E LIBERDADE’ ABRE EN SETEMBRO UNHA NOVA EDICIÓN DAS NERDNITES

As NerdNites comezarán o martes 3 de setembro, a partir das 21.30 horas, no Riquela (Preguntorio, 35) a súa oitava edición cunha sesión monográfica que leva por título ‘Cerebro e liberdade’. Esta primeira NerdNite, organizada en colaboración coa Sociedad Española de Neurociencia co gallo da súa celebración en Santiago do seu congreso bienal, estará moderada por José María Delgado, catedrático de Fisioloxía da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, e contará como relatores con diversos especialistas procedentes de toda España.

O investigador Ramón y Cajal no Instituto de Neurociencias de Alacante José P. Lóppez Atalaya, abrirá a quenda de intervencións co relatorio ‘Libre albredío: ¿un engano da consciencia?’. Ao seu remate, Fernando, de Castro, científico titular do Instituto Cajal de Madrid, ofrecerá a charla ‘Liberdade, divino cerebro’.

A profesora de Investigación do Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer (Idibaps) de Barcelona María V. Sánchez-Vives, tratará nesta primeira NerdNite do curso 2019-20 as posibilidades do control do cerebro por ordenador nunha charla titulada ‘O futuro xa está aquí: o sentido de axencia e de responsabilidade no control mediante interface cerebro-ordenador’.

Esta xornada monográfica sobre cerebro e liberdade chegará ao seu colofón no Riquela coa intervención do profesor da Facultade de Ciencias da Saúde da UDC Casto Ribadulla, que ofrecerá a charla ‘Non es ti, son as circunstancias amigo’.

Fonte: xornal.usc.es