Oficina CEER
 09-09-2019
ESTAMOS DE ESTREA!

A marca Rio Minho estrea a súa páxina web: visitriominho.eu

O obxectivo deste site é dar a coñecer e pór en valor todas as riquezas e patrimonio do territorio do Río Miño Transfronteirizo.

A nova web é un portal de información sobre o proxecto Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020, pero tamén un punto de encontro para todos aqueles que queiran gozar das dúas beiras do Río Miño, que representan unha extensa área repleta de atractivos e de riqueza cultural, de ocio, gastronómica e turística.

No eido máis tecnolóxico, trátase dun sitio web cunha URL amable, títulos atractivos e claros, cun deseño orientado ao usuario, cunha interface limpa e moi vistosa e imaxes do territorio de gran calidade.

Ademais, a web adáptase a todos os dispositivos, sendo amigable para os diferentes tamaños de smartphone, tablets ou ordenadores.

Fonte: visitriominho.eu