Oficina CEER
 30-09-2019
MÚSICOS/AS DE GALICIA E PORTUGAL COMPOÑEN E INTERPRETAN NOVAS CREACIÓNS MUSICAIS AO LONGO DO CAMIÑO DE SANTIAGO

A rede de universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (CEER) promove a creación de música contemporánea inspirada no patrimonio cultural, natural e inmaterial do Camiño.

Música en Camiño está organizado pola Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (CEER), financiado pola Xunta de Galicia a través do Plan o Teu Xacobeo. O proxecto foi inaugurado no Conservatorio de Santiago de Compostela, ás 16:00h, os días 28 e 29 de setembro, cunha másterclass da man do recoñecido compositor e músico portugués, mestre Cándido Lima. Este acto foi pechado a compositores galegos e portugueses e abriu o comezo dunha serie de eventos públicos, constituídos entorno as obras nas que se traballará nestas sesións. Adicionalmente, o traballo de composición continuará noutro municipio do Camiño de Santiago: Tomiño, onde se porán a punto as obras para o primeiro concerto de Música en Camiño, que será na Catedral de Tui o día 19 ás 18:00h.

O Camiño de Santiago é unha experiencia única, unha viaxe inesquecible que ten servido de inspiración para a creación artística ao longo dos séculos. Camiñar por belísimas paisaxes, coñecer xente diversa, conversar dende o interior, ten un poder capaz de cambiar a forma de ver o mundo. Con esta filosofía, a Rede de Universidades CEER iniciará un periplo de convivencia, creación artística, traballo conxunto e divulgación cultural e ambiental en diferentes municipios do Camiño a Santiago, ata xuntarse finalmente nun espectáculo único na cidade do Apóstolo. Nace así o proxecto Música en Camiño, que conta coa participación da orquestra universitaria e a Área de cultura da Universidade de Santiago de Compostela, as Universidades de Minho e de Porto e o Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Entre as numerosas actividades programadas está a celebración de cinco concertos abertos ao público en diferentes espazos de núcleos rurais do Camiño Portugués, en lugares emblemáticos como a Catedral del Tui ou a na Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra pasando por lugares en contornas de grande beleza ambiental, como Tui, Portas, ou Tomiño. Ademais, en Portas, concretamente no Albergue de Briallos, celebrarase un encontro con peregrinos.

Adxúntase cartaz coa programación.

Máis información: Fundación CEER ( 981563100, extensión: 11149; santiagotec@fceer.org)