Oficina CEER
 21-01-2020
TESOUROS HUMANOS VIVOS NO SMART_MIÑO

Isalina Rodrigues, veciña de Castro Laboreiro, en Melgaço, fala o castrejo, unha variedade do portugués punteada de arcaísmos. O castrejo conta cunha sonoridade galega que o emparenta con variedades dialectais doutro lado do río Miño.

Os arcaísmos permaneceron nos falares rústicos, tanto en Galicia coma en Portugal, onde a influencia da Administración, da escola e dos costumes urbanos, foron practicamente nulos. De aí as variedades como o goianés na parroquia de Goián, en Tomiño, ou o castrejo de Castro Laboreiro.

📷 Imaxe: EFE/Salvador Sas

O proxecto:

A Estratexia de Cooperación Intelixente para o Río Miño Transfronteirizo – Smart Minho é un proxecto do que son socios a Deputación de Pontevedra (beneficiario principal), a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais. Busca establecer a folla de ruta para a cooperación transfronteiriza durante as vindeiras décadas.

O proxecto está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

Máis información sobre o proxecto en:
http://smartminho.eu/accions/tesouros-humanos-vivos/