Oficina CEER
 29-04-2020
CONCERTOS DA ORQUESTRA DA USC- PROXECTO MÚSICA EN CAMIÑO

Xa podedes disfrutar na súa canle de youtube (https://www.youtube.com/playlist?list=PL5g2lyAREvws1aWQLiLb48VOix0Q4ZnNW) dos concertos realizados pola OUSC no contexto do proxecto "Música en Camiño", subvencionado polo Programa O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, e coordinado pola Fundación CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal).

O Camiño de Santiago é unha experiencia única, unha viaxe inesquecible que ten servido de inspiración para a creación artística ao longo dos séculos. Camiñar por belísimas paisaxes, coñecer xente diversa, conversar dende o interior, ten un poder capaz de cambiar a forma de ver o mundo. Con esta filosofía, a Rede de Universidades CEER realizou un periplo de convivencia, creación artística, traballo conxunto e divulgación cultural e ambiental en diferentes municipios do Camiño a Santiago, ata xuntarse finalmente nun espectáculo único na cidade do Apóstolo.

Naceu así o proxecto Música en Camiño, que conta coa participación da orquestra universitaria e a Área de cultura da Universidade de Santiago de Compostela, as Universidades de Minho e de Porto e o Conservatorio Superior de Música de Vigo.

O resultado podedes disfrutalo neste enlace: https://www.youtube.com/playlist?list=PL5g2lyAREvws1aWQLiLb48VOix0Q4ZnNW