Oficina CEER
 01-09-2020
MANTENSE ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO CERTAME AUDIOVISUAL YOUTUBEIR@S 2020

O prazo para inscribir os vídeos e canles finaliza o 23 de outubro ás 23.59 horas.

Os premios Youtubeir@s nos que toma parte a USC, teñen como finalidade animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e sumar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeira. Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos con vídeos autoproducidos subidos a Youtube con data posterior ao 27 de setembro de 2019, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros.

O prazo para inscribir os vídeos e canles no certame Youtubeir@s mantense aberto ata 23 de outubro de 2020 ás 23.59 horas. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde. As persoas participantes deben inscribirse a través deste formulario. Cada persoa creadora pode inscribir tantos vídeos ou canles como desexe, tal e como establecen as bases do certame. Establécense doce premios: tres principais, valorados en 1.000 euros cada un; e nove premios de 500 euros cada un.

Fonte: xornal.usc.es