Oficina CEER
 27-10-2020
O CEER PARTICIPA NAS II XORNADAS DA AMIZADE CERVEIRA-TOMIÑO

O venres 23 de outubro de 2020 celebráronse as II Xornadas da Amizade Cerveira-Tomiño, nas que se fixo balance dos últimos anos de experiencia da Eurocidade Cerveira-Tomiño e reflexionouse sobre o futuro da cooperación transfronteiriza, tanto a escala desa experiencia bilateral como do ámbito do Río Miño, da eurorrexión Galiza-Portugal e das rexións transfronteirizas europeas. As xornadas serviron de peche do proxecto INTERREG POCTEP dedicado á Axenda de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, no que o CEER participou na dinamización de grupos de traballo e xornadas de temática turística. Destas e doutras actividades xurdiu unha guía para a promoción do turismo da Eurocidade, recentemente editada (https://eurocidadecerveiratomino.eu/wp-content/uploads/2020/03/guia-turismo-Eurocidade-web.pdf).

As II Xornadas contaron coa participación do Director do CEER, Valerià Paül, dirixindo a mesa de debate sobre o futuro de cooperación transfronteiriza no horizonte 2030, na que interviñeron Isabel Ferreira (Secretária de Estado da Valorização do Interior do Governo Português), que falou sobre a Estratexia de desenvolemento transfronteirizo Portugal-España; Xosé Lago (director do AECT Galicia-Norte de Portugal), que se referiu ao Plan de reactivación da cooperación transfronteiriza; e Uxío Benítez (vicedirector do AECT Rio Minho), que falou sobre a Estratexia Rio Minho Transfronteirizo 2030. Este último documento foi elaborado polo CEER no marco do proxecto SMART_MINHO (http://smartminho.eu/wp-content/uploads/2020/01/resumen-estratexia-ri%CC%81o-minho-portugue%CC%81s-web.pdf).

Selección de novas publicadas sobre as II Xornadas:
https://ec.europa.eu/commission/commissioners/2019-2024/ferreira/announcements/ii-jornadas-de-amizade-cerveira-tomino-23-october-2020_en?s=09
https://ominho.pt/minho-e-galiza-sao-um-bom-exemplo-de-cooperacao-a-nivel-europeu/
https://jornaleconomico.sapo.pt/noticias/portugal-quer-alta-velocidade-atlantica-e-recusa-solucao-imposta-por-espanha-654414
https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/10/24/tomino-cerveira-piden-europa-comunicacion-20362036.html